España supera os 48 millóns de liñas telefonía móbil

xoves, 2 de agosto do 2007

Os últimos datos da Comisión do Mercado das Telecomunicacións amosan que a telefonía móbil en España sumou un total de 48,148 millóns de liñas no mes de xuño o que suporía unha penetración desta tecnoloxía do 107,69%, ou sexa, que hai máis liñas de telefonía que habitantes.
Durante o mes de xuño produciríanse un total de 237.663 novas altas, correspondendo case a metade (o 49,6%) a Movistar, seguida de Orange (co 15,8%) e Vodafone (14,8%), mentres que as OMV se fixeron co 10,5% e Yoigo co 9,1%.

PUBLICIDADE