Espontaneas.com permite publicar inmediatamente fotografías tomadas co móbil
mércores, 20 de xuño do 2007
Espontáneas é
un novo portal que permite publicar de xeito instantáneo fotografías tomadas
polo móbil, pero sen ter que empregar o PC para iso, senón que se poden remitir
mediante MMS ou por conexión de datos GPRS, de xeito que se consegue unha
inmediatez moi interesante, aínda que conte cun atranco moi importante: o prezo
das tarifas de telefonía móbil (pois o tráfico xerado polos envíos das imaxes
normalmente factúrase ó usuario por parte do seu operador).
As imaxes pódense configurar coma públicas ou privadas, o que abre a
posibilidades tanto profesionais como de lecer.
