Este ano teremos nova versión perpetua do Office de Microsoft
mércores, 20 de marzo do 2024
AÃnda que Microsoft leva anos tentando que todos os seus usuarios de Office pasen a ser subscritores de Microsoft 365, e non ofrecÃa unha versión con licencia vitalicia dende Office 2021, finalmente manterán esta posibilidade de adquisición do seu paquete ofimático, e ultima o lanzamento de Office 2024 na súa versión Long-Term Servicing Channel (LTSC), que ofrece unha licenza perpetua con soporte durante 5 anos.
Actualmente podemos contratar Microsoft 365 Personal por 69 euros/ano (con diversidade de opcións de contratación no caso das empresas), mentres que o chamado Office Hogar y Empresas 2021 con licenza para un único equipo en un prezo de 299 euros, que previsiblemente será o que terá Office 2024, polo que resulta bastante difÃcil xustificar a compra deste produto, xa que a subscrición non só inclúe moitas máis aplicacións e 1 TB de almacenamento na nube, senón que tamén permite iniciar sesión en até 5 dispositivos.
AÃnda que hai que poida pensar que a versión vitalicia de Office estea dirixida a equipos sen acceso á Rede, o máis probable é que a súa compra proveña de entidades que teñan dificultades para contratar subscricións, resultándolles máis doada adquisición de produtos que a contratación de servizos, por motivos organizativos.