Estudantes do programa STEMBach do CPR Liceo La Paz visitan o CITIC
venres, 13 de decembro do 2024
O Centro de Investigación en TecnoloxÃas da Información e as Comunicacións da UDC recibiu o dÃa 2 de decembro a visita de 14 estudantes e unha docente do programa STEMBach do CPR Liceo La Paz de A Coruña. Esta iniciativa ten como obxectivo achegar a nosa mocidade á investigación cientÃfica e tecnolóxica de vangarda, fomentando o seu interese por estas áreas estratéxicas.
Durante a xornada, o alumnado realizou un percorrido polo CITIC, deseñado para mostrar o traballo que se leva a cabo neste centro de referencia. A visita incluÃu unha presentación inicial na que se introducÃan as liñas de investigación principais do CITIC e os seus proxectos en áreas como Intelixencia Artificial, Big Data, ciberseguridade e robótica. Ademais, participaron en talleres e demostracións prácticas de tecnoloxÃas innovadoras que lles proporcionaron unha experiencia interactiva e educativa.
Finalmente, os e as estudantes tiveron a oportunidade de coñecer detalles dalgúns dos proxectos desenvolvidos polo persoal investigador e o impacto dos seus traballos na sociedade. Esta actividade destaca a importancia de acercar ás novas xeracións ao mundo da investigación tecnolóxica, ofrecendo aos estudantes unha visión práctica do potencial das disciplinas STEM (siglas de Ciencia, TecnoloxÃa, EnxeñarÃa e Matemática) no seu futuro académico e profesional.