FACUA denuncia a Apple por publicidade enganosa
mércores, 28 de setembro do 2011
FACUA-Consumidores
en Acción denunciou a Apple ante o Instituto Nacional de Consumo e
administracións de Consumo autonómicas, por considerar que fai crer aos seus clientes
que o perÃodo de garantÃa dos seus produtos é de só 1 ano, para asà vender
unha ampliación de garantÃa a través dun seguro (o produto AppleCare Protection Plan).
Apple estarÃa a remitir correos electrónicos aos clientes que mercaron un
iPhone 4 nos que indican que a cobertura de reparacións dun ano dos seus
dispositivos está a piques de caducar, para que contraten o devandito servizo
de garantÃa adicional, o que non respectarÃa a lexislación española, que
recolle que o perÃodo de garantÃa legal dun produto novo é de 2 anos dende a
súa compra.
Dende FACUA lembran que os usuarios que se considerasen enganados por esta
práctica de Apple poden solicitar a devolución do importe aboado, pois
considerarse que o xeito de promocionar o AppleCare
Protection Plan constitúa un acto de publicidade enganosa.
