FEGADACE premia o labor do CITIC polo seu compromiso coa inclusión
martes, 20 de xuño do 2023
A
Federación
Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) outorgou ao CITIC o Premio Miguel
Blanco polo seu compromiso cos dereitos á inclusión social e ao
exercicio dunha vida plena e autónoma das persoas con dano cerebral
adquirido.
Nun
plano máis concreto, FEGADADE destaca “a aposta do centro de
investigación por aplicar a innovación e a I+D+i ao ámbito dos
servizos sociais, favorecendo desta maneira a inclusión e a
autonomía persoal do colectivo con dano cerebral e das persoas con
discapacidade en xeral”. Por último, tívose en conta que os
proxectos do CITIC estean orientados á consecución dunha sociedade
máis xusta, igualitaria e accesíbel.
FEGADACE
forma parte da Rede de I+D+i de Tecnoloxías de Apoio para unha
Sociedade Inclusiva promovida polo CITIC coa finalidade de reunir a
entidades representativas de persoas con discapacidade ou en
situacións de dependencia e que serve para poñer en común
necesidades e posibles solucións para a autonomía persoal e de
calidade de vida.
A
cerimonia de entrega do premio celebrarase o vindeiro 29 de xullo ás
12:30 horas no primeiro andar do Edificio Museo dá Cidade da Cultura.
O acto formará parte da II Xuntanza do Movemento Asociativo do Dano
Cerebral.