Facebook, Instagram e Messenger avanzan na súa confluencia
mércores, 30 de setembro do 2020
Dende hai bastante tempo Facebook está a traballar na
integración dos seus distintos servizos e, aÃnda que iso é especialmente
visible dende as ferramentas para empresas, agora temos unha funcionalidade que
inicia as súas probas esta semana e que consiste na incorporación
dun Centro de Contas na configuración de Facebook, Instagram e Messenger
que permite unificar elementos entre as distintas aplicacións, simplificando o
seu uso.
Temos asà que os usuarios que queiran realizar unha publicación ou unha
historia poderán facelo en Instagram e Facebook de xeito simultáneo, utilizar a
súa conta de Facebook para entrar en Instagram (o que tamén facilita a
recuperación de contas), ligar os sistemas de pagamento para non ter que
introducir os mesmos datos en varias aplicacións) e incluso sincronizar as
fotografÃas de perfil entre as distintas aplicacións.
- Entre as novas funcionalidades temos a posibildiade de sincronizar as fotografÃas de perfil de Facebook e Instagram