Facebook contará cunha versión só de texto

martes, 16 de febreiro do 2010

Facebook xa ten dende hai tempo unha versión móbil que facilita o seu acceso dende teléfonos de prestacións reducidas ou con limitacións de descargar de datos, e levando esta optimización un paso máis adiante, presentaron en Barcelona o Facebook Zero, versión aínda máis lixeira de Facebook que omite contidos cun consumo intensivo de datos como as imaxes, ou sexa, unha versión de só texto do servizo, pensada para que os operadores de telefonía móbil a ofrezan de balde aos seus clientes.

PUBLICIDADE