O blog especializado en tecnoloxía TechCrunch comezou a semana cunha bomba informativa ao suxerir que o interese de Facebook para acadar un mellor posicionamento no mercado móbil, considerado o seu talón de Aquiles, podería lograrse adquirindo WhatsApp, a plataforma de mensaxería instantánea móbil líder a nivel mundial.
Lembremos que Facebook conta coa súa solución de mensaxería instantánea móbil dende hai bastante tempo, pero non consegue incrementar o seu uso de xeito significativo, mentres que WhatsApp está presente en numerosos mercados internacionais, polo que a súa adquisición por parte de Facebook podería ser unha grande contribución ao espallamento global da compañía de Mark Zuckerberg.
Tamén podemos destacar que Whatsapp non só é unha das aplicacións máis descargadas para iPhone e para móbiles Android, senón que tamén está a avanzar de xeito importante no soporte de distintas linguas en todas as súas plataformas, estando abertos a colaboracións para traducir esta plataforma ao galego.
ACTUALIZACIÓN: Dende Whatsapp aseguran que a información publicada por TechCrunch só é un rumor.
Facebook podería ter interese en adquirir WhatsApp
Compartir Este Artigo

