FilmStruck chega a España para competir con Filmin en clara desvantaxe

mércores, 13 de xuño do 2018 Marcus Fernández

A oferta audiovisual de pagamento baixo demanda amplíase en España cunha nova plataforma de Time Warner, FilmStruck, que chega cun catálogo dun par de centos de filmes considerados clásicos, xoias ou rarezas, entre os que destaca a The Criterion Collection, e que ofértase en dúas modalidades de subscrición: a 5,99 euros/mes ou a 59,99 euros/ano.
A selección de películas actualizarase regularmente, incluirán contidos adicionais exclusivos e para poder gozar das películas poderemos empregar dispositivos con smartphones e tabletas con iOS ou Android, cun Apple TV ou cun Fire TV de Amazon, destacando inicialmente unha limitación que poucos consumidores están dispostos a aceptar: polo momento as aplicacións carecen de soporte para Chromecast.
Mentres FilmStruck non conte con soporte de Chromecast e aplicacións para Smart TV e consolas de videoxogos estamos ante un servizo de vídeo baixo demanda que nace coxo, especialmente se temos en conta que compite directamente con outras plataforma consolidade en España, Filmin, que curiosamente ten no seu catálogo boa parta da oferta de FilmStruck.

O catálogo de FilmStruck é aínda moi limitado, con só un par de centos de filmes

PUBLICIDADE