Filtran parte do código de Facebook
luns, 13 de agosto do 2007
Un fallo de
seguridade en Facebook permitiu que se filtrase o código fonte da súa paxina
principal e se
publicase nun blog, o que supón pequena filtración de código que non debería
supor ningunha ameaza de seguridade, posto que o fragmento publicado
corresponden á interface de usuario do sistema e non ó seu funcionamento interno,
aínda que dende Facebook advirten que a
difusión destas liñas de código supoñen varias infraccións legais.
A filtración de código
podería servir para un mellor coñecemento (para ben ou para mal) de tal
plataforma, pero á empresa suponlle unha perda de confianza por parte dos seus
usuarios (que poderían por en dúbida a seguridade da súa privacidade).