Finlandia completa o seu apagamento analóxico
martes, 4 de marzo do 2008
Finlandia segue os pasos de Holanda, e a pasada fin de semana completou o apagamento analóxico da súa televisión, de xeito que tras unha moratoria de 6 meses da data oficial, a televisión dixital terrestre se converte na plataforma televisiva estándar, o que para moitos supón un grande problema, posto que preto do 10% dos fogares finlandeses aÃnda non conta cun receptor de TDT.