Flickr incluirá vídeos
luns, 6 de agosto do 2007
Un dos servizos de hospedaxe de imaxes na Internet,
Flickr,
actualmente propiedade de Yahoo, incluirá vídeos en breve, no que parece un
ataque a YouTube, aínda que en realidade responda máis a unha demanda dos seus
usuarios, que xa non só toman fotografías coas súas cámaras, senón que tamén
gravan algún vídeo, e así poderán compartir tódalas súas imaxes a través dun único
servizo.
Así, dende Yahoo pretenden “construír un
destino moito mellor para acceder a todo tipo de contidos”, segundo
declarou Mike Folgner, no que sería a proclamación oficial desta característica
da que xa se viña falando dende o pasado mes de maio.