Fortnite volve a Google Play
mércores, 18 de marzo do 2026
Os axustes na súa polÃtica de comisións na tenda de aplicacións de Google para Android tras unha resolución xudicial confiábase en que abrise a porta ao regreso do videoxogo Fortnite a Google Play, e finalmente Epic Games anuncia que xa non queda nada para celebrar o retorno do célebre xogo á tenda de aplicacións, pois será mañá mesmo cando Fortnite volverá a Google Play a nivel mundial.
Epic Games leva un tempo procurando que Fortnite estea dispoñible de novo en dispositivos móbiles, e aÃnda que o retorno á App Store xa se realizou hai meses, esta medida non se aplicou a Europa (onde segue a ser preciso empregar a tenda de aplicacións de Epic para instalar o xogo nos dispositivos móbiles de Apple), polo que o retorno global a Google Play vese con moi bos ollos, xa que elimina a necesidade de instalar unha tenda de aplicacións adicional ou de recorrer a unha instalación de paquetes insegura.
O retorno de Fortnite a Google Play coincide co lanzamento de novos contidos para o xogo
