Fortnite volverá a iOS grazas a nVIDIA
xoves, 13 de xaneiro do 2022
Tras a expulsión
de Epic Games da App Store por parte de Apple, parecÃa complicado poder
gozar de xeito digno de Fortnite nos iPhone e iPad, pero dende nVIDIA traen
un raio de esperanza para os incondicionais do battle royale de
referencia, xa que están a preparar unha beta pechada
de duración limitada de Fortnite a
través do servizo GeForce Now, de xeito que será posible gozar do xogo de
Epic Games dende o navegador web de iOS e dende Android con novos controis
táctiles.
Os interesados en gozar de Fortnite en iOS a través de streaming poden
unirse á lista de agarda para poder acceder á nova beta pechada, que destaca
por adaptar o servizo de GeForce Now para que non sexa preciso contar cun mando
ou un teclado e un rato, xa que engade un control táctil que permite comezar a
xogar de inmediato con só a pantalla e os dedos.
A beta comezará este mesmo mes, e os inscritos á beta poderán acceder á versión
en streaming de Fortnite cunha diferenza: xa non será posible gozar
do xogo con teclado e rato en dispositivos móbiles Android, xa que esta
interface pasará a ser substituÃda por controis táctiles. Pola contra, o uso de
mandos mantense.
Lembremos que o
servizo de xogo GeForce Now ten un modelo de subscrición, de xeito que
podemos empregalo de balde en sesións cunha duración máxima de 1 hora, mentres
que por 9,99 euros/mes ou 49,99 euros/semestre podemos subscribirnos a unha
versión que limita as sesións a 6 horas de duración, ofrece gráficos mellorados
e achega gráficos até Full HD a 60 imaxes por segundo. A maiores, os que paguen
o dobre poderán gozar dunha versión do servizo de máximo rendemento, con
sesións de até 8 horas de duración e gráficos até 1.440p a 120 imaxes por
segundo dende PC/Mac e até 4K con HDR dende nVIDIA Shield TV.