FreedomPop chega a España ofrecendo telefonÃa móbil de balde
martes, 12 de xullo do 2016
Levamos preto de tres
meses agardando á chegada de FreedomPop a España, e finalmente está aquà o
servizo de telefonÃa móbil que parte de tarifas completamente de balde e que
destaca por incluÃr roaming en máis
de 25 paÃses, de xeito que pode resultar moi interesante probar este novo
operador durante o verán.
Polo momento FreedomPop só ofrece
números de teléfono novos (máis adiante confÃase en que poida ofrecer
portabilidades) e parte dunha tarifa básica de 0 euros/mes coa que ofrece 100
minutos de voz, 300 mensaxes de texto, 200 MB de datos e, como grande
caracterÃstica para o público español, WhatsApp ilimitados, ou sexa, que salta
a neutralidade de rede para achegar unha oferta que para moitos usuarios
equivale a ter as súas necesidades de comunicación cubertas totalmente de
balde, aÃnda que esta tarifa o que busca principalmente é que os usuarios
contraten algún bono de datos adicional.
Como oferta de lanzamento están a ofrecer de balde durante o primeiro mes a
tarifa 2GB Premium, que inclúe minutos de voz ilimitados, mensaxes de texto
ilimitadas, 2 GB de datos e WhatsApp ilimitados por 8,99 euros/mes; aÃnda que
para moitos usuarios a oferta máis rechamante serÃa a de 15,99 euros/mes, xa
que elevarÃa o volume de datos até os 5 GB, de xeito que serÃa unha oferta sen
competencia no mercado español.
Para usar FreedomPop hai que empregar a súa tarxeta SIM en combinación cunha
aplicación para iOS ou Android, aÃnda que cómpre salientar o feito de que
podemos instalar a aplicación tamén outros dispositivos como tabletas para
poder recibir chamadas e mensaxes de texto co noso número.
O servizo parece estar a experimentar problemas ante unha posible vaga de
usuarios que pretenden darse de alta, pois durante as primeiras horas da mañá o
formulario de alta non funcionaba correctamente (amosaba unha páxina en branco)
e, no momento de escribir estas liñas, as opcións de contratación que ofrece corresponden
a EE.UU. En cando a páxina web opere con normalidade procuraremos dar máis
detalles.
ACTUALIZACIÓN (13-7-2016): O sistema de altas na páxina web de FreedomPop por fin funciona axeitadamente, e para poder facerse co servizo de balde (plan 200 Básico) é preciso pagar unha cota de activación de 9,99 euros e 1,99 euros para sufragar os gastos de envÃo da tarxeta SIM.