FreedomPop empregará chamadas de voz tradicionais
martes, 18 de xullo do 2017
Hai un ano chegou
a España o operador de telefonÃa móbil FreedomPop sorprendendo coa súa
oferta que parte dun plan de balde moi atractivo, xa que achegaba 100 minutos
de voz, 300 mensaxes de texto, 200 MB de datos (sen contabilizar os datos
consumidos polo WhatsApp, que serán de balde) por 0 euros/mes, aÃnda que
contaba cunha grande desvantaxe: o servizo de voz estaba baseado nunha
aplicación móbil, o que facÃa algo complexo o seu uso, á vez que tiña problemas
de calidade do servizo en función da cobertura.
Se ben a tarifa de balde é simplemente un incentivo para atraer clientes (pois
FreedomPop tamén conta con plans de voz e datos adicionais, con prezos bastante
axustados) os problemas iniciais da compañÃa (fallos de cobertura e varios meses
sen a posibilidade de aceptar portabilidades móbiles) estaban a pór moi difÃcil
o obxectivo da compañÃa de achegarse ao millón de clientes en 2 anos, algo que
será máis doado tras cumprirse os cambios que van efectuar estes dÃas, xa que o
operador vai
abandonar o seu sistema de VoIP e comezará a funcionar como un OMV máis,
con chamadas de voz ordinarias e incluso con cobertura 4G, para o que os
clientes actuais deberán mudar a súa tarxeta SIM actual.
Agora que FreedomPop ofrecerá chamadas de voz tradicionais, con 100 minutos de
balde ao mes e 200 MB de datos (aÃnda que deicará de dar datos ilimitados para WhatsApp), temos unha opción moi
atractiva para todos aqueles usuarios que realizan poucas chamadas e limitan o
seu uso da Internet en mobilidade á mensaxerÃa instantánea. O resto de tarifas da
compañÃa tamén son moi agresivas, de xeito que, por exemplo, achegan 200 minutos
de voz e 1 GB de datos por 4,99 euros/mes ou incluso chamadas ilimitadas e 2 GB
de datos por 8,99 euros/mes.
