GaliTempo leva ao iPhone a información meteorolóxica galega

xoves, 25 de novembro do 2010 Marcus Fernández

Os usuarios dun iPhone ou iPod Touch que queiran consultar a información meteorolóxica de Galicia poden descargar de balde da App Store a nova aplicación GaliTempo, desenvolvida por Gonzalo Mateo Sixto e Adrián Moreno Peña, que recolle e presenta de xeito atractivo e cunha interface doada os datos dos servizos de Meteogalicia, facilitando a consulta por localidade (A Coruña, Santiago, Lugo, Vigo, Pontevedra, Fisterra, Monforte, Pedrafita, Pontevedra, Ribadeo, Viveiro, O Barco, Ourense, Verín, Cuntis, Lalín e Vilagarcía) así como unha predición xeral da nosa comunidade autónoma cos mapas correspondentes aos vindeiros días (en versións de mañá e tarde) acompañados por un texto explicativo das distintas predicións nas que detallan o vento, a temperatura e o estado do ceo.
En definitiva, a nova aplicación para os terminais móbiles de Apple é unha alternativa á consulta directa da páxina web de Meteogalicia, que axiliza a localización da información do noso interese cando non esteamos preto dun ordenador.

A aplicación amosa tanto a predición por localidades como a xeral

PUBLICIDADE