Galicia é a 2ª comunidade autónoma española coa menor presenza da banda larga no rural

xoves, 14 de maio do 2009

A Rede Española de Desenvolvemento Rural sostén que Galicia é a 2ª comunidade autónoma coa menor penetración da banda larga nas vivendas rurais (só o 12,6%), moi por debaixo da media española (24,5%) e de comunidades como a de Madrid (52,8%), Cataluña (36,7%) ou Baleares (36,7%), o que indicaría unha importante fenda dixital que só sería máis evidente en Murcia (co 12,3% de fogares rurais con acceso á Rede de alta velocidade).

PUBLICIDADE