Galicia é a primeira Comunidade en na que se pon en marcha o programa Digicraft de Vodafone
martes, 18 de xuño do 2019
Galicia
vai dar un novo paso en educación tecnolóxica: en mostrar ás
rapazas e rapaces como tirar o mellor proveito das novas ferramentas
e, tamén, en amosarlles como construílas coas súas propias mans.
Estamos
a falar do acordo asinado hoxe pola Consellería de Educación, a
axencia AMTEGA e a operadora Vodafone (Fundación Vodafone España)
destinado a “reforzar as competencias dixitais nas aulas. Isto
materializarase a través do coa programa DigiCraft no teu cole
para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. Segundo lembra AMTEGA,
Galicia é a primeira Comunidade na que a Fundación Vodafone pon en
marcha esta iniciativa.
O
programa, ao que se poderán adherir medio cento de centros
escolares, terá unha duración de dous anos e enmárcase no Plan de
Promoción do Talento Dixital de Galicia (DigiTalent) impulsado pola
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Os
centros que se abeiren á iniciativa terán acceso a formación para
que os profesores poidan impartir o programa nas aulas, así como aos
materiais en descarga para o desenvolvemento das actividades e
dotación de material para cada centro, que permitirá aos docentes e
alumnado desenvolver as actividades establecidas: tabletas e kits
tecnolóxicos
AMTEGA
engade que o programa artéllase ao redor da metodoloxía DigiCraft,
unha metodoloxía de aprendizaxe específica baseada no xogo e a
experimentación, deseñada pola Universidade de Salamanca para a
Fundación Vodafone España “para axudar aos nenos e nenas a
adaptarse a unha sociedade dixital en rápida evolución e para
mostrarlles as posibilidades que o mundo dixital ofrece”.
DigiCraft
no teu cole enmarcase nas iniciativas do Plan de Promoción do
Talento Dixital de Galicia 2020, DigiTalent, para impulsar as
vocacións científico-tecnolóxicas e os novos perfís dixitais. O
Plan, que se puxo en marcha este curso está a desenvolver 15
iniciativas en colaboración cos axentes do ecosistema dixital Toda a
información sobre as novas actividades e as que están en curso
están dispoñíbeis no portal do Plan DigiTalent
digitalent.xunta.gal.