Galiciadixital chega o día 18 a Burela

venres, 12 de setembro do 2008

A mostra itinerante Galiciadixital chega este 18 de setembro á Casa do Concello de Burela. A logo de seis xornadas, a exposición que organiza a Secretaría Xeral de Comunicación achegárelles aos veciños algúns dos máis recentes e salientables avances en materia de interactividade audiovisual.
A mostra, como advirte o departamento da Xunta, vai encamiñada a fomentar a participación e o lecer de tipo didáctico. Ficará aberta, como de costume, a visitantes de todas as idades.

PUBLICIDADE