Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galiciencia 2013 entregou os seus premios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galiciencia 2013 entregou os seus premios

Redacción
Publicado: 26/11/2013
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

galiciencia_ganadores.jpgGaliciencia, contando como contaba cunha nutrida representación dos nosos investigadores e científicos novos, deu para moito. Ou sexa, para unha listaxe case interminable de ideas e proxectos reais de recursos, sistemas e aparellos para facernos a vida e o traballo un pouco máis doados, os hábitos máis saudables e o xeito de movernos dun lado a outro máis seguro. Neste último eido temático inseriuse precisamente a achega gañadora da feira Galiciencia, organizada pola Tecnópole en Ourense, tal e como sinalamos os días pasados dende Código Cero. Falamos dun sistema antikamikazes para autoestradas, que se proclamou gañador absoluto do certame, no que competiron 50 equipos de estudantes de toda a nosa xeografía e tamén de Barcelona.
Este proxecto foi o vencedor na categoría de segundo ciclo da ESO e gañador absoluto por impoñerse en puntuación aos dos outros dous equipos gañadores nas categorías de primeiro ciclo da ESO e Bacharelato. Xosé Lois Chorén e Unai Ansedes, do IES Xoán Montes (Lugo), presentaron un proxecto de seguridade viaria que foi destacado de xeito unánime polo xurado.
Os premios foron entregados polo conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, e polo director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela. Conde felicitou a todos os participantes e animounos a “seguir pensando en clave de ciencia, innovación e creatividade” para ser a seguinte xeración de emprendedores de Galicia.
O sistema de alerta de acceso en contrasentido en autoestrada é unha proposta que, segundo os seus creadores, “podería ser aplicada a toda a rede viaria cun custo moi accesible”. O obxectivo é avisar aos condutores que accedan por sentido contrario a unha autoestrada por erro, despiste ou deficiente sinalización vertical. Basicamente consiste no repintado das liñas brancas actualmente existentes no firme con pintura fotoluminiscente e en relevo (para producir sonoridade). A nova pintura fará que as liñas véxanse de cor branco no sentido correcto da marcha, pero se se entrara en dirección contraria veríase de cor vermella xa desde o mesmo punto de intersección desde a estrada de acceso.galiciencia_fotodefamilia.jpg
Segundo informa a Tecnópole, os gañadores na categoría de 1º ciclo da ESO, Marieta Orol e Carlos López, do Centro Educativo Galén, tamén de Lugo, amosaron un completo proxecto que chamou a atención dos visitantes pola súa excelente presentación. Os alumnos realizaron unha investigación do seu contorno para identificar e recoller plantas das que poder extraer aceites esenciais co obxectivo de elaborar un perfume ecolóxico que todos os que pasaron pola Galiciencia puideron ulir. O proxecto inclúe a planificación económica de custos e prezo, a parte artística de elaboración dunha etiqueta, a parte creativa e lingüística da campaña de marketing e publicidade, a parte tecnolóxica de materiais e ferramentas, e todo isto cun obxectivo solidario como é a colaboración cunha ONG.
Na categoría de Bacharelato a gañadora foi Alba Fernández, do IES Julio Prieto Nespereira (Ourense), co seu respaldo intelixente. Segundo engade a Tecnópole, “durante estes tres días foron moitos os que sentaron no seu prototipo de cadeira para comprobar como, ante unha postura non axeitada das costas, acendíanse os pilotos luminosos de alerta”. Segundo a inventora, o seguinte paso é incorporar unha alerta de son. Dado que o seu proxecto diríxese sobre todo a centros escolares, a súa idea é que o son veña nunha frecuencia moi baixa que os adultos non perciben, pero si os máis novos.
Cada un dos membros dos tres equipos gañadores levou un smartphone que no caso do primeiro premio absoluto complétase co financiamento da viaxe á Exporecerca, a feira científica de ámbito estatal que se celebra en Cataluña.
Coa clausura da Galiciencia dase por rematada a Semana da Ciencia en España, na que a FECYT destacou entre as actividades de referencia a feira celebrada na Tecnópole. A Fundación foi cofinanciadora do evento xunto coa Consellería de Economía e Industria.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?