Gemini mellora a edición de imaxes con IA
martes, 26 de agosto do 2025
Hoxe Google DeepMind presentou un novo modelo de edición de imaxes que xa está a causar furor tras as primeiras probas, converténdose nun dos mellores do momento neste eido segundo as valoracións iniciais. A partir de agora, esta tecnoloxÃa queda plenamente integrada na aplicación móbil de Gemini, ofrecendo aos usuarios máis control ca nunca para crear a foto perfecta.
Un dos puntos fortes desta actualización é a capacidade de manter a semellanza dunha persoa ou mascota entre distintas edicións, algo esencial cando se traballa con retratos de amigos, familiares ou mesmo animais. Pequenos erros que fan que unha imaxe sexa case igual pero non exactamente poden resultar incómodos, polo que o sistema foi mellorado para garantir consistencia, tanto se se quere probar un peiteado dos anos 60 como vestir un can cun tutú.
O funcionamento é sinxelo: abonda con subir unha foto e indicar que cambios se desexan. O modelo permite combinar imaxes (por exemplo, saÃr retratado cunha mascota nunha mesma escena), cambiar fondos para ver como quedarÃa un novo papel de parede nunha habitación ou situarse en calquera lugar do mundo mantendo sempre a propia identidade visual. Ademais, as imaxes editadas poden reintroducirse en Gemini para transformalas en vÃdeos.
Entre as novas posibilidades de edición destacan: cambiar de vestiario ou de localización mantendo a aparencia coherente en todas as fotos, mesturar varias imaxes para crear unha nova escena, realizar edicións sucesivas sobre unha mesma imaxe engadindo ou modificando elementos concretos, ou aplicar o estilo e a textura dunha imaxe a obxectos doutra, como vestir unhas botas de auga coas cores dunha flor.
Segundo anunciou Google, esta funcionalidade está dispoñible desde hoxe mesmo na aplicación móbil de Gemini. Cómpre apuntar que as imaxes xeradas ou modificadas inclúen unha marca de auga visible e tamén o selo dixital invisible SynthID, que certifica que foron creadas con intelixencia artificial.
