Gmail quedou fóra de servizo durante 20 minutos
venres, 8 de maio do 2009
Esta mañá moitos usuarios
reviviron unha desas malas experiencias coa plataforma de correo electrónico de
Google, pois durante 20 minutos Gmail quedou fóra de servizo en todo o mundo, o
que se
fixo notar nas redes sociais, que parece ser un dos recunchos aos
que os usuarios desesperados recorren
para comprobar se o seu problema de acceso é persoal ou xeneralizado.
Google recoñeceu o corte (a través do App
Status Dashboard), pero non deu explicación sobre as súas causas.