Google Books achégase aos fondos bibliográficos da Complutense

xoves, 3 de xullo do 2008

A case 2 anos de que se anunciase que Google dixitalizaría os fondos da Universidade Complutense de Madrid para o seu servizo Google Books, parece que o buscador comezou o proceso, o que permitirá que dende incunables da literatura ata obras recentes poidan estar dispoñibles a través da Internet.
O servizo (que xa conta con máis de 1 millón de tomos en 40 linguas distintas) tamén incluirá textos da biblioteca da Universidade de Cataluña.

PUBLICIDADE