Google Buzz pide aos usuarios a confirmación da súa configuración

martes, 6 de abril do 2010

O accidentado lanzamento de Google Buzz dentro de Gmail foi considerado por moitos usuarios coma unha invasión da súa privacidade, e para emendar a situación, dende Google decidiron modificar o sistema de seguimento doutras persoas, que deixa de ser automático para os contactos frecuentes, polo que ao conectarse estes días a Gmail os usuarios deberán decidir se confirmar ou non a listaxe de seguidos a través de Google Buzz, por terse definido esta relación de usuarios antes do cambio de funcionamento do servizo.

PUBLICIDADE