Google borra accidentalmente un dos seus propios blogs
xoves, 9 de agosto do 2007
Dende hai tempo Google incorporou ó seu servizo de
hospedaxe de blogs un sistema automatizado para detectar splogs (blogs lixo) pero o pasado martes aconteceu algo abraiante,
pois o Custom Search Blog
(un dos blogs corporativos de Google) desapareceu durante varias horas, momento
que aproveitou unha terceira persoa para suplantar tal espazo.
Nun principio se rumoreou que o blog de Google fora crackeado, pero o incidente
resultou ser accidental, pois ningún dos responsables do Custom Search Blog
deu importancia ó aviso automatizado de borrado do seu espazo, aÃnda que o
problema se solucionou en poucas horas.