Google estrea a súa plataforma publicitaria para móbiles

martes, 18 de setembro do 2007

Os dispositivos móbiles resulta moi atractivos coma pantallas publicitarias, de aí que Google estrea AdSense for Mobile, de xeito que as publicacións que conten con versións móbiles dos seus contidos poderán empregar a plataforma publicitaria de Google adaptada ás pantallas de pequeno tamaño dos teléfonos celulares.
Os usuarios españois do servizo xa poden acceder á súa configuración dende o panel de control de AdSense, xa que España está entre os 13 países iniciais desta nova plataforma publicitaria, que só amosará os anuncios en web que se presenten en WAP ou en C-HTML.

PUBLICIDADE