O potencial do Chromecast de Google parecía dispararse co xurdimento de aplicacións como AirCast, que permitían a reprodución de contidos multimedia almacenados no móbil directamente no televisor, convertendo nesta tecnoloxía nun auténtico competidor do AirPlay de Apple, pero este non parece ser o camiño que persegue Google, e quere ter o seu dispositivo controlado, o que resulta evidente tras ver que a última actualización do mesmo bloquea intencionalmente o funcionamento de AllCast (nome que estaba a adaptar AirCast ante o feito de que xa existisen empresas coas marcas AirCast e AirCast Mobile).
Tras estes pasos de Google queda claro que a compañía de Cupertino quere que o seu dispositivo se empregue só para reproducir contidos aprobados, entre os que é de agardar que haxa moito material audiovisual de canles de televisión en plataformas de vídeo en liña, pero non ficheiros multimedia dos usuarios, polo que o desenvolvedor de AllCast, Koushik Dutta, recomenda non mercar o pequeno dispositivo HDMI ata que se coñezan máis detalles sobre o que permitirá facer a longo prazo.
Google pecha o Chromecast aos contidos almacenados localmente
Compartir Este Artigo
