Google poderÃa estar a crear unha fenda lingüÃstica ao marxinar ás webs en galego nos seus resultados de busca
mércores, 8 de outubro do 2008- As webs en galego perden posicións a nivel mundial dende o mes de xuño
A dependencia tecnoloxÃa de
produtos e servizo é un dos grandes problemas que achega a Internet, pois os
usuarios se afán á utilización de ferramentas que se converten en
indispensables, polo que a súa manipulación ou fallo poden ter repercusións moi
serias.
Como exemplo podemos lembrar a caÃda do servizo de Messenger hai anos, que
levou a moitos usuarios a non poder comunicarse coma de costume cos seus amigos
e familiares, pero este tipo de incidencias son momentáneas, polo que aÃnda que
deberÃan levarnos a tomar medidas preventivas, non teñen efectos a longo prazo,
o que si acontece coas prácticas monopolÃsticas de Google, que no seu
espallamento dende un buscador a toda unha chea de servizos que van dende o
correo electrónico ata á publicación de vÃdeos en YouTube, está a provocar que
a súa empresa sexa a que ten o control de boa parte dos usuarios da Internet,
aos que guÃan na Rede.
- As webs galegas en español non parecen padecer ningún tipo de incidencia
Dado que Google segue un código de boas prácticas, non nos deberiamos preocupar
de que o monopolio de facto que
Google ten nas buscas a través da web se aproveite para promover espazos
patrocinados ou para agochar informacións a xeito de censura, pero medidas
orientadas a mellorar a experiencia de uso dos seus servizos poden provocar
danos colaterais, e iso parece ter acontecido coa versión en español do popular
buscador, que se configura por defecto para dar prioridade nas buscas a páxinas
en español, o que fai que o resto de linguas do estado se vexan marxinadas nos
resultados de busca, de xeito que webs que aparecen coma primeiro resultado ao
consultar o buscador dende as súas versións en galego e inglés (entendendo esta
última como a máis obxectiva globalmente) quedan relegadas incluso máis aló da
súa terceira páxina de resultados se consultamos o servizo na súa versión en
español, o que supón a súa desaparición práctica para o usuario final.
Os usuarios poden modificar as preferencias de Google para evitar esta resposta
do buscador, pero iso é algo que os usuarios descoñecen na súa meirande parte,
e como consecuencia temos que as webs galegas que se publican en galego padecen
nos últimos meses un descenso de público que se pode xustificar polo un cambio
en Google que se poderÃa considerar inocente, pero que afasta inconscientemente
ao público galego de moitas páxinas web galegas.
- Exemplo no que se ve claramente como a versión en español do buscador discrimina os resultados en galego
Caso práctico
Para ilustrar a
discriminación que Google está a exercer sobre as páxinas web en galego podemos
probar a buscar información sobre a calidade do software analizada en
GaliciaPMS a través da busca «software
GaliciaPMS» e vemos que os resultados dende o Google en
español ou en
galego son radicalmente distintos e, aÃnda que o primeiro resultado
corresponde en ambos casos na propia web de GaliciaPMS, o buscador en galego
ten a ben dirixirnos logo a esta publicación e á web de Mancomún, páxinas que
aparecen na terceira páxina de resultados na versión en español, estando
precedidas por distintas informacións en español que claramente son menos
axeitadas como resultados de busca.
CaÃda de audiencias
Se miramos as audiencias das webs galegas baseándonos en Alexa podemos percibir
que as páxinas web galegas escritas en español non acusan ningún tipo de
incidencia, mentres que as publicadas en galego padecen unha caÃda de visitas
entre os meses de xuño e setembro moi acusada, resultando especialmente graves
as caÃdas do portal da Cultura Galega
e de Galicia Hoxe, que perderon
223.551 e 197.690 posicións respectivamente no Ãndice global de Alexa nese pequeno
lapso de tempo.
Incluso se facemos unha análise relativa a webs galegas (comparadas con outras
webs da nosa comunidade) vemos coma no noso Top 100
coas páxinas máis populares os medios en galego están a perder forza. Se
comparamos a posición das webs na actualidade con respecto ao ano pasado temos
que a CRTVG pasou dun posto 26 a un 24, Vieiros do 17 ao 30, Xornal.com do 9 ao
20, a nosa propia publicación do 70 ao 73, o portal da Cultura Galega do 78 ao
90 e Galicia Hoxe do 81 ao 100; ou sexa, que estamos a vivir un ocaso de
audiencias nas webs en galego que parece estar provocado por un simple cambio
de polÃtica dun servizo de busca norteamericano sobre o que non temos control e
do que si temos unha forte dependencia.
Para moitos usuarios Google e web son case un sinónimo, e chegan a empregar o
buscador como substituto da barra de enderezos do seu navegador, polo que a
modificación desta plataforma afecta profundamente aos hábitos de consumo dos
internautas, e cómpre tomar medidas para que as Internet galega non padeza unha
fenda lingüÃstica provocada por axentes externos.
Repercusións económicas
- Ao buscar información sobre a campaña O teu móbil en galego en Google Noticias atopamos só tres entradas cando foi un asunto moi tratado na prensa en galego. Tamén apreciamos como accidentalmente se pode ver unha entrada en galego de Xornal.com, pese a que este servizo de busca rexeita ás publicacións na nosa fala.
As consecuencias da perda de posicións nos resultados de busca (que son a principal orixe de visitas en boa parte das páxinas web de información xeral) son evidentes nos seu tráfico e número de visitas, o que tamén lles fai perder valor a nivel publicitario, pois reducen a súa audiencia e a súa influencia. Deste xeito as webs en galego, que xa teñen máis complicada a súa difusión na Internet, atopan un serio problema para a súa viabilidade, pois reducen os seus ingresos publicitarios pese a que na teorÃa están moito mellor dirixidos á súa audiencia e a publicidade nas mesmas deberÃa ser máis eficiente (as visitas accidentais son menos frecuentes).
Google Noticias tamén discrimina
Os medios galegos non estamos só maltratados polo buscador de Google, senón
que tamén estamos vetados no servizo Google
Noticias, no que só aparecen os medios en español, aÃnda que curiosamente
publicacións coma Xornal.com e Galiciae.com non teñen tal problema por ter
contidos en español e galego (un por publicar indistintamente nas dúas linguas,
e o outro por traducir os seus contidos). Curiosamente as devanditas
publicacións serÃan as menos afectadas pola baixada de audiencia que
denunciamos neste artigo, dando a impresión de que o peso nos resultados de
busca en Google non se define polo corpo dos artigos, senón polo medio no que
se publican.
Resulta difÃcil de entender que en Google Noticias non acepten todas as linguas
do Estado, posto que o usuario que realice buscas en español dificilmente vai
atopar unha web en galego, mentres que os usuarios galegos vemos como este
buscador de novas resulta moi incompleto para achegar contidos sobre a nosa
comunidade.