Google podería estar a negociar a compra de Twitter

venres, 3 de abril do 2009

Tras o fracaso nas negociacións entre Facebook e Twitter, aparece agora o rumor de que Google podería estar interesado en mercar o servizo de microblogging, aínda que precisan que as conversas entre ambas compañías aínda están nun estado inicial, e podería quedar nunha mera alianza para o desenvolvemento dun novo buscador de Google en tempo real.

PUBLICIDADE