Google poderÃa estar a preparar unha tenda de aplicacións
martes, 2 de febreiro do 2010
Segundo publica The Wall Street Journal, Google está a preparar o lanzamento dunha tenda de aplicacións en liña que poidan enriquecer as actuais Google Apps e que sairÃa oficialmente en marzo.
Inicialmente estas aplicacións desenvolvidas por terceiros funcionarÃan coma engadidos para Gmail e Google Docs (para pasar máis adiante a outros servizos de Google), e estarÃan orientadas principalmente ao público corporativo, de xeito que non haberÃa que temer que as aplicacións web de Google vaian a pasar a ser de pagamento no futuro.