Google publica o código fonte de Android
martes, 21 de outubro do 2008
Para cumprir coa
promesa de Google de facer de Android unha plataforma de aplicacións para
móbiles aberta distribúe dende hai unhas horas o código fonte do sistema baixo
licenza Apache, permitindo
a compilación da plataforma completa dende Linux ou Mac OS X para a
súa posterior modificación.
Esta versatilidade de Android poderÃa non importar a moitos usuarios finais,
pero é un factor chave para atraer a operadoras tradicionais a incorporar esta
plataforma como propia.