
A investigación de Google incluíu entrevistas e enquisas, amais de estatísticas anuais sobre a actividade dunha chea de webs europeas. “Tralo estudo”, informan as creadoras do portal galego, “o buscador comprobou que se trata dunha web que incrementou as súas visitas e a súa facturación arredor dun 70% con respecto ao ano anterior”.
Estes e outros datos levaron á compañía de Internet a cualificar a iniciativa de “caso de éxito empresarial”, impulsado por unha “empresa pequena que é quen de competir con empresas estatais e mesmo internacionais con dotacións orzamentarias moi superiores, facéndose un oco no mercado en liña”.
Oomo lembraremos, SienteGalicia.com é unha axencia de escapadas online que ofrece viaxes e estadías temáticas na comunidade galega para todo tipo de clientes. Arestora a firma dispón de máis de 270 escapadas de toda índole, “a prezos moi competitivos” en establecementos previamente seleccionados. “As nosas propostas”, explican as fundadoras da empresa, “están pensadas para promover os magníficos recursos patrimoniais, naturais e culturais da comunidade galega e propoñer alternativas para saír da rutina diaria”.
Para quen queira ampliar información sobre o recoñecemento de Google, sinalar que hai material audiovisual propio do buscador e un vídeo explicativo da propia empresa no YouTube:
Google sitúa a Sientegalicia.com como referente de empresa competitiva na Rede
Compartir Este Artigo
