O director da Axencia Galega de Innovación interveu na rolda de prensa de presentación de resultados de 2012 e retos para 2013 do Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de GaliciaEsta mañá en CITEXVI, na Cidade Tecnolóxica do Campus Universitario, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, Gradiant, fixo balance dos seus resultados correspondentes ao ano pasado, nun acto presidido polo director da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Manuel Varela, e polo director xeral de Gradiant, Fernando Pérez. Nestes preto de 5 anos de actividade Gradiant conseguiu manter o seu pulo ata pechar 2012 cuns ingresos totais superiores aos 4 millóns de euros, un 28,10% máis que a media de 2010-2011, dos que o 73% están derivados da actividade de I+D. Un dos principais obxectivos de Gradiant é a colaboración coa industria, que durante o ano pasado concretáronse en contratos que ascenderon a máis de dous millóns de euros, un 35,52% máis que en 2011. Manuel Varela acompañado por Fernando Pérez na súa visita esta mañá a GradiantDurante 2012 Gradiant tamén conseguiu o recoñecemento como centro tecnolóxico de referencia en Galicia, acadando tamén proxección a nivel estatal grazas ás convocatorias Innpacto, Inncorpora e Innterconecta, que no último caso captaron 29 propostas presentadas, das que financiáronse 9. Un total de 27 empresas depositaron a súa confianza en Gradiant para facer realidade os seus proxectos innovadores, polo que esta entidade están a ter un elevado impacto na competitividade do tecido empresarial galego. Aínda que Gradiant botou a andar da man da Xunta de Galicia, pouco a pouco fai gañando autonomía financeira, dotándose de financiamento privado mediante a prestación de servizos e a participación de proxectos, e conseguiu en concorrencia competitiva o apoio da Xunta a preto dunha trintena de proxectos de innovación e iniciativas para mellorar a dotación de recursos tanto humanos como materiais do centro. Durante os meses de febreiro e marzo o CITEXVI acolleu a celebración das xornadas EficienTIC, organizadas coa colaboración de GradiantDurante 2012 iniciouse a execución de 9 proxectos con participación de Gradiant do programa Feder-Innterconecta, xestionado pola Axencia Galega de Innovación e o CDTI, o que supuxo un financiamento de 3,7 millóns de euros para o centro, converténdose no centro tecnolóxico galego coa participación máis intensiva en proxecto co financiados a cargo deste programa. Por outra banda, a organización segue o seu paso firme en Europa con 16 propostas de proxectos europeos presentadas durante 2012, algunhas xa avaliadas e outras pendentes de resolución. No VII Programa Marco (FP7), presentáronse 12 propostas, 4 delas lideradas por Gradiant. Recentemente comezou a actividade dentro do proxecto europeo BATS, no que participan algunhas das empresas europeas máis importantes do sector das telecomunicacións, como Thales Alenia-Space, a Axencia Espacial Alemá DLR ou o Instituto Fraunhofer, e as empresas galegas R e Optare Solutions, que definirán o futuro da banda ancha en toda Europa. Por outra banda, o Centro prosegue a súa actividade dentro do proxecto europeo LIFTGATE, dotado con preto de 2,5 millóns de euros, en cuxo marco finalizar a contratación de 6 investigadores postdoutorais expertos en varias liñas estratéxicas para Gradiant, o que supón unha aposta do centro pola captación de talento internacional. O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán Abal e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, visitaron as instalacións de Gradiant o mes pasadoNeste ano 2012 iniciáronse varios proxectos destacados, como é o caso do proxecto Scape (co financiado pola Fundación Barrié) que se centra en solucións de privacidade de datos na nube, campo no que Gradiant goza de recoñecemento internacional; o proxecto Travelmovie, que permite gozar dun amplo abanico de contidos audiovisuales nun dispositivo móbil en calquera medio de transporte, independentemente do número de usuarios conectados, e que supón unha nova forma de entender o lecer mentres se viaxa, e LifeSeeker (comercializado pola empresa CENTUM) un sistema de localización de persoas en situacións de urxencia. O director xeral de Gradiant, Fernando Pérez, atribúe os bos resultados do centro ao apoio das empresas e a Axencia Galega da Innovación, así como ao traballo realizado polo persoal do centro, que o levan a ser o primeiro centro tecnolóxico galego en captación de financiamento do Sétimo Programa Marco e durante 2013 vai intensificar a aposta pola consecución de fondos europeos coa apertura dunha oficina en Holanda.
As xornadas EficienTIC, organizadas coa colaboración de Gradiant, recibiron a visita das cámaras da TVG