HP estréase na familia dos Ultrabooks co HP Folio 13

mércores, 16 de novembro do 2011 Marcus Fernández

Nos últimos días vimos como distintos fabricantes sacaban os seus propios ordenadores portátiles potentes e delgados para competir cos MacBook Air de Apple, pero sen axustarse ás especificacións que permitan a súa incorporación á familia dos Ultrabooks, o que si fai o HP Folio 13, equipo que vén de facerse oficial, e que é o primeiro equipo deste tipo comercializado por HP, que virá cunha pantalla de 13,3 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 píxeles, procesador Intel Core i3/i5, Ethernet, lector de tarxetas SD, saída HDMI, teclado retroiluminado, USB 3.0, unidade SSD con 128 Gb de capacidade, webcam de alta definición, un trackpad multi-táctil de grande tamaño e unha autonomía de ata 9 horas. Chegará ao mercado norteamericano o vindeiro 7 de decembro a un prezo que parte dos 899,99 dólares (668,69 euros) o que resulta un pouco máis axustado que outros ordenadores semellantes que podemos atopar no mercado.

O HP Folio 13 chega cun deseño compacto e unhas prestacións elevadas

PUBLICIDADE