Hispalinux habilita un mapa para medir a pegada de software libre por comunidades

luns, 13 de agosto do 2007

Hispalinux vén de publicar na súa web un mapa encamiñado a avaliar a pegada dos programas de software libre por comunidades autónomas. Algo así como tomarlle o pulso a GNU/Linux polos currunchos da Península e saber se existe algún tipo de relación entre o maior desenvolvemento económico e a aposta máis firme polo código aberto (ou, pola contra, unha cousa non ten nada que ver coa outra). O caso é que no mapa atopamos polo de agora moi pouca información e no que se refire á nosa terra, non se nos conta aínda nada. Pola contra, si que se avanza algo sobre Estremadura ou Andalucía, onde levan tempo “convivivindo” co Linex e co Guadalinex, respectivamente.

PUBLICIDADE