Hispasat quere completar a cobertura da TDT
xoves, 12 de xullo do 2007
Pascual Menéndez, director de Estratexia e Desenvolvemento de Hispasat, anunciou que a súa compañÃa proporá á Administración un sistema de emisión por satélite que amplÃe a cobertura da Televisión Dixital Terrestre en zonas rurais e reduza custos. Esta solución buscarÃa que os lugares nos que implantar a TDT fose difÃcil e caro existise a posibilidade de recibir os servizos televisivos mediante a plataforma satelital española que ten unha cobertura próxima ó 100% da nosa xeografÃa.