Huawei deixa en evidencia o iPhone Air
xoves, 6 de novembro do 2025

- A diferenza de grosor entre o iPhone Air e o Huawei Mate70 Air é difÃcil de percibir a simple vista
Nun momento no que a comercialización de smartphones ultradelgados volve ser tendencia, Huawei parece querer deixar en evidencia a Apple e o seu iPhone Air co estrear en China o Huawei Mate70 Air, un smartphone cun grosor de 6,6 milÃmetros, que se ben é lixeiramente máis groso que o teléfono da compañÃa da mazá (sendo difÃcil de distinguir en vivo), aproveita ese detalle para suplir as súas principais carencias: a capacidade de baterÃa e o número de cámaras.
O Huawei Mate70 Air ten unha pantalla OLED de 7 polgadas cunha resolución de 2.760 x 1.320 pÃxeles e un refresco de 120 Hz, está equipado cun procesador Kirin 9020B nos modelos con 12 GB de RAM e cun Kirin 9020A nos modelos con 16 GB de RAM, a súa cámara frontal é de 10,7 MpÃxeles, na súa traseira ten unha cámara cuádrupla cun sensor principal de 50 MpÃxeles, un ultra grande anngular de 8 MpÃxeles e un teleobxectivo 3x de 12 MpÃxeles, ten resistencia IP68 e IP69, integra lector de impresións dixitais lateral e, como caracterÃstica estrela, inclúe unha baterÃa de 6.500 mAh con carga rápida de 66 watts.
Os seus prezos están entre os 4.199 iuans (511 euros) para o modelo con 12 GB de RAM e 256 GB de almacenamento ata os 5.199 iuans (633 euros) para o modelo con 16 GB de RAM e 512 GB de capacidade, o que está bastante lonxe dos 7.999-11.999 iuans que custa o iPhone Air na China.

- O Huawei Mate70 Air ten un grosor de só 6,6 milÃmetros

- O novo móbil de Huawei inclúe un sistema de cámaras bastante completo, en contraste co único obxectivo co que conta o iPhone Air
