ICANN consegue deter a cata de dominios

venres, 14 de agosto do 2009

Algúns compradores masivos de dominios da Internet aproveitan un período de graza de 5 días para a devolución dos mesmos sen prexuízo económico (aínda que cunha penalización de 0,2 dólares por dominio en caso de abuso), de xeito que poden probar a súa rendibilidade uns días para decidir se paga a pena ocupalos ou non.
Para evitar esta práctica ICANN decidiu subir a penalización por dominio de 0,2 a 6,75 dólares, e agora aseguran que grazas a iso lograron reducir a cata de dominios un 99,7% nun ano.

PUBLICIDADE