Improving Metrics presenta en Madrid unha revolucionaria ferramenta de xestión de etiquetaxe de webs

luns, 27 de maio do 2019 Redacción

Eva González e Jesús Echarri, de Improving Metrics

O equipo de enxeñaría de Improving Metrics, empresa coruñesa adicada á analítica de datos, Intelixencia Artificial e estratexias de negocio online, está a desenvolver unha ferramenta con capacidade para mellorar a nosa relación co coñecemento en Internet: un recurso que contribúe ao máximo a rendibilizar a información. Trátase de Datail, unha ferramenta de xestión e etiquetaxe web que, aínda que verá a luz nos próximos meses, presentouse en exclusiva para un selecto grupo de profesionais en Madrid.
O lugar escollido foi o MeasureCamp, un evento internacional que se celebrou este fin de semana de maneira simultánea en Madrid e en París e que na capital de España reuniu a uns 150 analistas dixitais e profesionais da mercadotecnia en liña.
Segundo explica a empresa galega, Datail permite ás empresas “controlar a etiquetaxe das súas páxinas web cunha única fonte de datos e, grazas ás tecnoloxías de aprendizaxe máquina, as tecnoloxías Machine Learning, detecta anomalías en tempo real e identifica as incidencias ou erros que poidan acontecer”. Actualmente a ferramenta atópase en fase de desenvolvemento.

PUBLICIDADE