Indestia e o Grupo SING recoñecidos polos Premios Spin-Off PuntoGal
mércores, 26 de outubro do 2022

- Indestia é unha das iniciativas gañadoras dos Premios Spin-Off PuntoGal
A spin-off da Universidade da Coruña, Indestia (Idea
Emerxente), a empresa Casa Grande de Xanceda (Selo de Calidade) e o grupo SING
da Uvigo (Grupos de Investigación) resultaron elixidos gañadores polo xurado da
Vi edición dos Premios Spin-Off PuntoGal, que se reuniu a semana pasada en
Santiago.
O xurado acordou por unanimidade a concesión dos premios aÃnda que houbo un
longo debate en cada categorÃa, Entre os obxectivos do certame figuran
recoñecer a transferencia de coñecemento entre a Universidade e a Empresa e
alentar o emprendemento que xurde desde os grupos de investigación
universitarios, asà como premiar o uso de galego na empresa e a presenza das
mulleres nas empresas e grupos de investigación.
Na categorÃa de Idea Emerxente, que premia a empresas de recente creación
ou que levaran ao mercado unha idea innovadora en tempos recentes, foi elixida
como gañadora a spin-off da UDC Indestia. O xurado destacou a posta en marcha
dunha idea orixinal dentro do sector das TIC e conseguir clientes importantes
para o seu produto PhotoIlike, unha ferramenta baseada en intelixencia
artificial que permite seleccionar as fotos que van a ter maior impacto entre o
público, con aplicación polo de agora ao sector inmobiliario.
Finalmente, na categorÃa de Grupos de Investigación resultou gañadora a
candidatura do grupo SING (Sistemas Informáticos de Nova Xeración), adscrito á Uvigo e que desenvolve a súa actividade no campus de Ourense. O xurado
destacou como méritos da súa proposta a sólida traxectoria no campo da
investigación biomédica e a ciberseguridade, con proxectos destacados mesmo no
ámbito estatal. Ademais, tÃvose en conta a importante presenza de mulleres
entre o seu corpo de investigadores.
Os integrantes do xurado son as investigadoras MarÃa Xosé Malmierca, Edita
de Lorenzo, Andrea Muras e Sonia MartÃnez Arca, o representante da SecretarÃa
Xeral de Universidades, Faustino Infante Roura, e a CEO da empresa Galchimia,
Carme PampÃn. O acto de entrega dos
premios terá lugar en Vigo nas próximas semanas e contará coa presenza de
destacados representantes institucionais, académicos e empresariais.
