Industria inviste 4 millóns de euros no CAT de Segovia

venres, 29 de xuño do 2007

O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, vén de asinar un convenio de colaboración co Concello de Segovia mediante o cal vai canalizar e instrumentalizar a subvención de 4 millóns de euros, que se lle concedera á entidade local para a realización de diversas actuacións vinculadas ó Círculo das Artes e a Tecnoloxía (CAT).
O CAT, como Centro de Excelencia, terá como obxectivo a realización de actuacións no ámbito do uso das novas tecnoloxías en beneficio do desenvolvemento da Sociedade da Información e basearase en catro piares fundamentais: Tecnoloxía e Empresas, Coñecemento, Cultura e Arte e Ocio. Nas catro áreas, a tecnoloxía será o denominador común e xererará ventaxas competitivas ós cidadáns e ás empresas da zona.

PUBLICIDADE