Industria promove un Dicionario das TIC

mércores, 5 de setembro do 2007

O Dicionario Enciclopédico Galego das TIC achegará ao noso idioma os termos e definicións destas tecnoloxías segundo informa o portal CulturaGalega.org.
O proxecto, que acaba de presentar a Consellaría de Industria, desenvolverase coa colaboración da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia e o asesoramento lingüístico da Real Academia.
Previsto para dentro de tres anos, o dicionario ten un orzamento de 167.040 euros, e contará con actualizacións permanentes que se poderán consultar na rede.

PUBLICIDADE