Ineo abre este luns na Coruña unha serie de xornadas tecnolóxicas para empresas

venres, 9 de novembro do 2007

A Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información de Galicia, Ineo, organiza este luns na sede da Confederación de Empresarios da Coruña (praza de Luís Seoane) unha xornada práctica sobre solucións tecnolóxicas ós problemas do comercio. A sesión, que dará comezo ás 20.00 horas, é a primeira dunha serie de xornadas destinadas a dar a coñecer aplicacións tecnolóxicas para diferentes sectores empresariais, coa finalidade de fomentar o emprego das novas ferramentas e contribuír á competitividade do tecido empresarial galego. A xornada contará coa presenza de Luis Calvo Blanco, de Comasis e Daniel Ramos Lobón, de Corunet.

PUBLICIDADE