Ineo organiza unha xornada sobre seguridade informática en Vigo

martes, 30 de outubro do 2007

Ás 19:00 horas deste mesmo serán, a Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación, Ineo, vai levar a cabo -xunto con INTECO- unha xornada de sensibilización sobre seguridade informática para empresas no auditorio da Escola Técnica de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.
O acto será presentado polo vicerreitor da universidade, José Cidrás e contará coa presenza de máis de 160 representantes de empresas galegas así como do presidente de INEO, Jorge Cebreiros, quen acode en representación das empresas galegas dedicadas a emprestar servizos e apoiar a implantación das TIC.

PUBLICIDADE