Innovación achega máis datos sobre o Clúster TIC

mércores, 16 de xaneiro do 2008

A formalización do Clúster TIC de Galiza, previsto no Plano Galego da Sociedade da Información ao que nos referimos na pasada semana nesta mesma sección de novas (achegando toda a información referente ao tema), vaise desenvolver finalmente o vindeiro 31 de xaneiro no Hotel Porta do Camiño de Santiago de Compostela ás 17:00 horas.
A web do PEGSI dependente da Consellaría de Innovación e Industria pon a disposición dos internautas diversas ligazóns con toda a documentación relacionada co evento para consultar ou mesmo descargar.

PUBLICIDADE