Innovación convoca os 500 contratos para investigadores
martes, 14 de agosto do 2007
A Consellería de Innovación vén de convocar no Diario Oficial de Galicia deste martes 14 as axudas encamiñadas á contratación de 500 investigadores e tecnólogos no tecido público e privado da I+D en Galiza. A medida, segundo informa o departamento da Xunta, “constitúe a maior aposta cuantitativa e cualitativa feita en Galiza polos recursos humanos en I+D+i e pola súa desprecarización, contando cun orzamento histórico de 29,4 millóns de euros (un 120% máis que en 2006)”. A iniciativa inclúe a creación de 351 prazas e 149 prórrogas.