Innovación e Industria e a USC colaborarán na investigación da Comunicación na Sociedade da Información

xoves, 24 de xaneiro do 2008

Fernando X. Blanco, conselleiro de Innovación e Industria, e Senén Barro, reitor da Universidade de Santiago de Compostela, asinaron un convenio de colaboración mediante o que a Consellaría financiará as actividades necesarias para crear un grupo de traballo especializado na investigación do espazo alternativo da comunicación que supoñen as TIC.
A Consellaría achegará 50.000 euros a este grupo, mentres que a USC se encargará da posta en marca do Congreso Fundacional da Asociación de Investigadores da Comunicación, I+C: Investigar a Comunicación.

PUBLICIDADE