Instagram ábrese aos micro-vídeos

xoves, 20 de xuño do 2013 Marcus Fernández

Vine, a aplicación que permite compartir en Twitter e Facebook vídeos de 6 segundos de duración e que este mes estreou versión para Android, demostrou o interese do público por capturar pequenos momentos en vídeo, e por iso a aplicación de Instagram para iPhone e para Android actualízanse á versión 4.0 engadindo como principal novidade a posibilidade de, ademais de tomar fotografías e aplicarlles filtros artísticos, gravar vídeos de ata 15 segundos e aplicarlle tamén filtros, para logo compartilos nas redes sociais como un novo xeito de rexistrar a realidade e manifestar a creatividade dos usuarios.
O usuarios tamén pode elixir o fotograma que quedará como miniatura do vídeo, para facilitar que se vexan ben incluso antes de ser reproducidos (elemento que pode ser crucial para instar á súa visualización). Os vídeos seguirán a mesma política que as fotografías en Instagram, herdando a súa configuración de privacidade.


Presentación da chegada do vídeo a Instagram

PUBLICIDADE